ADOLESCENCIA NOS TEA





Título da actividade

“Adolescencia nos trastornos do espectro autista (TEA)”

*nota: esta actividade está organizada en colaboración co Sindicato STEG, a quen agradecemos enormemente a súa axuda e conta coa colaboración do Concello de Lugo, que nos brinda a posibilidade de desenvolvela nun marco incomparábel como é o Vello Cárcere.

Áreas
Integración didáctica das TICS. Recursos didácticos. Dinamización lingüística. Bibliotecas. Competencia en lectura e escritura. Competencia lingüística. Fomento da lectura. Temas Transversais. Competencias sociais e cívicas. Coeducación. Titoría. Mellora da Convivencia. Atención educativa á diversidade. Educación Medioambiental, Coñecemento do medio, Educación en valores.


Destinatarios
Internivel. Profesorado en xeral de Educación Infantil, Primaria, Secundaria e Bacharelato.
Familias de persoas con TEA, persoas con TEA, terapeutas que traballe con persoas con TEA.

Modalidade
Xornadas (art. 9 da Orde de 14 de maio de 2013).

Número de prazas
Mínimo de 15 e máximo de 60.

Observacións ás prazas
En virtude do convenio asinado pola Consellería coas organizacións sindicais con data de 25/01/08 admitiranse na actividade persoas en situación de desemprego ata un máximo do 30% do total de prazas ofertadas.

Custo da matrícula
Persoas afiliadas/socias/os da Asociación Capaces ou de Asociacións federadas a Federación Autismo Galicia, persoas afiliadas ao STEG e persoas en situación de desemprego: 15 euros

Persoas non afiliadas: 35 euros

Criterios de selección
As persoas participantes no curso serán seleccionadas por orde de chegada das distintas solicitudes, tendo preferencia as/os afiliadas/os ao sindicato e á asociación convocante sobre as que non son afiliación.

Horas
8 horas, todas elas presenciais.


Estrutura da Xornada:

Combinarán relatorios con obradoiros de aplicación práctica, coas súas correspondentes reflexións, debates e actividades, en atención ao seguinte horario: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas cos descansos correspondentes a media mañá e a media tarde.

Obxectivos


*Coñecer e comprender os cambios e desafíos da adolescencia.
*Aprender estratexias de educación afectivo-sexual.
*Aprender estratexias de apoio á autorregulación.
*Ofrecer recursos prácticos que promovan o benestar emocional.

Contidos
* O espectro do autismo: fortalezas e retos.
*Cambios na adolescencia.
*A comunicación do diagnóstico.
*A educación afectivo-sexual.
*Uso das redes sociais.
*A autorregulación.
*Habilidades propias do coidado persoal.
*Outras habilidades de autonomía.

Datos da persoa relatora

Marlene Horna Castiñeiras

Psicologa colexiada, especialidade Clínica e Social. Máster en Atención Temperá. Diploma de Estudos Avanzados. Dende hai máis de quince anos traballa apoiando a nenos e adolescentes con TEA e as súas familias. Traballou na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela, como orientadora dun C.E.E.P.R. da asociación ASPANAES e, na actualidade, traballa de maneira particular e dentro da a Unidade de Apoio Ambulatorio (UAM) da asociación BATA. Desenvolve a súa actividade apoiando a persoas con TEA nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade). Posúe unha ampla experiencia como docente adquirida en numerosos cursos promovidos por diversas institucións, asociacións e universidades.


Para matricularse na actividade, ademais de cubrir o  seguinte  FORMULARIO  e facer o correspondente ingreso no número de conta de Caixa Rural Galega : ES71 3070 0031 4461 6571 5621, consignando como concepto: “Formación” e o nome da persoa que asistirá á Xornada. O prazo de inscrición péchase o vindeiro luns 17 de febreiro de 2020.
Máis información no 619170890 e en capaceslugo@gmail.com 


























Comentarios