DIA MUNDIAL DO AUTISMO 2019



 O DMCA xa está preto e dende Capaces xa estamos preparando os actos que vedes neste cartaz.

O punto forte do día será a proxección da pelicula-documental Quiero ser cebra, onde se relata a historia de catro persoas con autismo e a clave da felicidade, non volo podedes perder. Será o 2 de abril ás 20:30h nos cines Codex Cinema de Lugo situados na praza Viana do Castelo nº 3 en Lugo.
Entrada/donativo: 4€

Imos facer tamén un video recollendo ás fotos ou videos que nos queirades mandar facendo un xesto polo autismo, podedes mandalas ó noso Facebook como mensaxe privado, ou por Whatsapp ó teléfono 619 17 08 90. Gracias por participar!!


Comentarios